As contas non lle saen nin para os partidarios nin detractores de Meilán Gil nas últimas eleccións celebradas na Universidade da Coruña. Entre outras cousas porque os partidarios de Meilán afirman ter 158 claustrais e os detractores "máis de 150" e a asemblea universitaria está composta por 300 persoas, o que non deixa sitio para os considerados independentes que determinarán para que lado se inclina a balanza na redacción dos estatutos. De todos os xeitos queda claro que estas foron as eleccións máis igualadas na historia da Universidade da Coruña
Resultados
Acontece moitas veces que todos os que se presentan a unhas eleccións saian coa percepción de que todos gañaron. E isto mismo foi o que parece que pasou na Universidade da Coruña onde as dúas correntes que se presentaban ás eleccións (o sector favorable ó actual rector Meilán Gil e que se agrupaban baixo o nome de INT@ por unha banda, e por outra a candidatura formada por todos os membros da oposición). E cada quen varre para casa, e logo as contas non saen. Os meilanistas aseguran que obtiveron 158 claustrais (que, aÃnda sen comprobar esta cifra, isto supoñerÃa unha perda de 12 claustrais con respecto ó ano pasado. Un feito que eles achacan á implantación da LOU e ó seu sistema ponderado de atribución de voto. Polo outro lado, están os grupos da oposición que aseugraron ter "máis de 150 claustrais". E cando a última hora da mañá de onte se fixeron públicos os listados definitivos dos claustrais, uns e outros recoñeceron a súa correspondente suba ou baixa, aÃnda que non se puxeron dacordo, novamente, no número. E chove sobre mollado, porque non era a primeira vez que as cifras bailaban na universidade da Coruña. Concretamente, o ano pasado, os profesores afÃns a Meilán adxudicáronse uns 185 claustrais qeu tralas votacións quedaron en 170; mentres que os contarrios falaron de 115 afÃns a Barja que logo se quedaron en 108 votos.
Sen embargo, á falta da publicación definitiva dos listados de claustrais, hai tendencias claras. A primeira que os funcionarios non doutores foron os que apoiaron masivamente a candidatura de Meilán Gil, e os funcionarios docentes dividÃronse en dous grupos: os meilanistas gañaron nos ámbitos tecnolóxicos e nos xurÃdicos sociais, e a oposición no resto.
Polo demais, a minorÃa que acudeu ás eleccións coa etiqueta de independentes e os estudiantes (que viron reducida a súa representación trala aplicación da LOU) serán os que teñen a última palabra nas decisións que afecten á redacción dos estatutos.
Os docentes tamén protestan
O dÃa 27 de xuño haberá unha protesta en Santiago. E desta volta serán os profesores os que se mobilicen. A súa reivindicación é solicitar máis medios e incrementar a oferta de ciclos formativos de Formación Profesional en centros públicos. Unha iniciativa que foi acordarda nunha asemblea que se celebrou onte en Compostela á que asistiron 130 profesionais de centros públicos de toda a comunidade.
Pero non será a única reivindicación que faga nesta mostra, senón que tamén solicitan que se garanticen desdobles nos módulos, para elvar a calidade, incrementen os presupostos destinados ó funcionamento dos centros cunha tendencia diferente á reducción de partidas observada no último curso;ou abrir un prazo de adminisión de alumnado de ciclos formativos de grado superior en setembro, tras coñecerse os resultados da selectividade.
POr último, as súas propostas implican tamén un rexeitamento ás resolucións adoptadas por Educación no mes pasado, que anunciaban a realización de contratos a tempo parcial e propoñen reduccións horarias dos tutores dos ciclos formativos, mediante a asignación dunha partida presupostaria especÃfica para cubrir gastos de seguemento das prácticas nos centros de traballo, sen cargalas nos presupostos dos propios ciclos.