A Universidade ofrece poucas prazas técnicas e moitas de Humanidades

As titulacións preparan a súa selectividade

As relacións entre a formación universitaria, a demanda dos estudiantes e a demanda laboral, é un trío cada vez máis difícil de regular. E o vindeiro día 26 os rectores das tres universidades galegas farán as súas cábalas para conseguir que os estudiantes que cursen estudios superiores consigan unha formación semellante á que pide o mercado. E todo isto será posible mediante un mapa de titulacións que se reabrirá nesa xuntanza que terán as universidades e a Consellería de Educación. E o primeiro documento sobre o que traballarán estes días xa está posto enriba da mesa. É o "Plan de desenvolvemento do sistema universitario" que elaborou a empresa Arthur Andersen por encarga da Universidade de Santiago, que debuxa un panorama bastante pesimista e que alenta a crear 19 titulacións e a revisar outras 20.

Resultados

En xaneiro deste 2002 a Universidade de Santiago organizou unhas xornadas nas que se analizaba o sistema universitario galego. Un feito que indicaba que trece titulacións da Universidade de Santiago perderan o 20% do seu alumnado nos últimos cinco anos (como global, a USC perdeu un 10% da súa matrícula na última década). Isto non foi o primeiro síntoma dunha doenza que veu a confirmar o último informe que se presentou onte. Un documento elaborado por Arthur Andersen que debuxa un panorama universitario bastante negativo con moitas titulacións que se repiten, que teñen escasa demanda e coa inexistencia dunhas carreiras que permitan encher a demanda social. Un informe que foi presentado con moita prudencia, que non é máis que ujnha recomendacióne que foi elaborado a través de entrevistas personais, mesas de debate, enquisas, e datos facilitados polas propias universidades durante o ano 2000. Non todas as titulacións que existen teñen equilibrado unha oferta e unha demanda, e votar un vistazo ós campus universitarios ofrece cousas como que enfermería é unha titulación que se oferta nos sete campus que hai en Galicia, sen ser unha das carreiras máis demandas. Como tendencia xeral hai máis oferta de titulacións de humanidades que a que demanda. E polo outro lado da corda demándanse máis titulacións de Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas, e Ensinanzas Técnicas que oferta existe. E precisamente, ensinos técnicos son as principais titulacións que se recomendan para implantar. Pero non todas teñen a mesma importancia, de feito existen diferentes velocidades. Para Arthur Andersen son de primeira prioridade:


- Investigacións e Técnicas de Mercado


- Enxeñerías Técnica de Telecomunicacións (4 especialidades)


- Enxeñería Técnica de Obras Públicas (Hidroloxía)


-Ciencias ambientais


Son de segunda prioridade:


- Ciencias Actuais e Financeiras


- Enxeñería Técnica Industrial


- Enxeñería Téncia de Obras Públicas (dúas especialidades)


- Enxeñería de Materiais


De terceira prioridade:


- Estatística


- Ciencia e técnicas estatísticas


- Enxeñeiro en Organización Industrial


- Comunicación Audiovisual


- Bioquímica


- Nutrición Humana e Dietética


- Enoloxía


Por sectores, o informe destaca tamén a existencia de diferentes áreas que se deberían potenciar, como son o sector do téxtil, de turismo e de lecer, servicios a empresas e comercio.












Outras características do informe



O informe elaborado por Andersen é moito máis complexo e profundo que un análise das titulacións, da súa oferta e da súa demanda, senón que ofrece ademais unha radiografía de carácter xeral sobre o sistema universitario. Cos seus vezos e coas súas prioridades. Aínda que Galicia ofrece 157 titulaciós (o que significa o 60% das titluacións do mapa oficial do Ministerio de Educación) cada vez existen menos alumnos das súas aulas. En parte porque o descenso poboacional empeza a notarse na universidade. Pero non todo é negativo, xa que a implantación do distrito aberto convírtese nun fenómeno que pode resultar atractivo para conseguir paliar o descenso das matrículas. Hai mais factores que afectan ás universidades: a posta en marcha das institucións privadas, a formación profesional (que en resultados de cara á saída laboral está ofrecendo un serio varapalo á universidade), e a incidencia cada vez máis de novas tecnoloxías (coa creación das universidades virtuais, tema que, por outra banda, está na carteira dos recén electos rectores de Vigo e Santiago).





Xuntanzas para solucionar problemas


O vindeiro 26 de xuño está prevista unha xuntanza entre os directores das tres universidades galegas e a Consellería de Educación, na que se reabrirá o mapa de titualacións. Un proceso que se desenvolverá no tempo nos meses de setembro e outubro, con acorods concretos sobre o sistema actual.