O vilán por antonomasia de Daredevil visita a Costa da Morte

David Aja ilustra a nova entrega da mítica serie de banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vilán por antonomasia de Daredevil visita a Costa da Morte

No recentemente publicado "Daredevil" número 116, o arquienemigo Kingpin visita A Costa da Morte, co inicio da historia "O retorno do rei". Todo o novo cómic-book da coñecida serie transcorre na Costa da Morte, onde Kingpin se refuxia, casou e ten dous fillos cunha galega. A historia xorde cando o guionista, Ed Brubaker, lle propón ao debuxante, o vallisoletano David Aja, a ambientación da historia de Kingpin nalgunha zona costeira de Europa. Aja propuxo a Costa da Morte: “apetecíame coller unha zona grande que estivera pouco explotada a nivel turístico, e tamén para non etiquetar algún pobo concreto. Tentei reflectir o espírito da zona”. Kingpin sufrirá en plena Costa da Morte un ataque ninja. Na ambientación non falta detalle: cantís, portos, paseos marítimos, Estrella Galicia, as tabernas típicas da Costa da Morte e pintadas de Nunca Máis. David Aja participou este verán pasado en Viñetas do Atlántico 2008.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Banda deseñada, Cómic...