Os datos correspondentes ao segundo volume do Mapa SociolingüÃstico de Galicia, que realiza a Real Academia Galega, revelan que o número de falantes monolingües en galego descendera en 2004 a un 16% da poboación fronte ao 30,5% de 1992. O presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica, Carlos Callón, fixo públicos estes datos, entre outros, sinalando que obran en poder da Real Academia desde hai meses e que este segundo volume do Atlas está xa nas librarÃas sen que fose presentado pola institución que o edita. De xeito paralelo ás cifras sinaladas, detectouse que o número de monolingües en castelán se duplicou no mesmo periodo, pasando dun 13 a un 25,8%. No entanto, segundo explica o Observatorio da Lingua galega, os datos deste segundo volume do Mapa sociolingüÃstico recollen os hábitos lingüÃsticos da poboación de entre 15 e 54 anos e na mostra ten un maior peso a poboación urbá do que na anterior edición. Isto obriga a matizar as comparacións cos datos da anterior edición do mesmo estudo e con outras enquisas que abranguen un rango maior de idades.
Tirando dos datos deste último estudo da RAG, Callón sinalou que se mantén a diferenza lingüÃstica entre ámbito rural e urbano, cun 40,5% de galegofalantes nos espazos de menos de 5.000 habitantes, e dun 35,6% de castelánfalante no urbano.
A nivel de ensino, o estudo da Real Academia revela que un 10,7% dos menores de 18 anos recibiron todo o ensino en castelán, unha opción que nin sequera está contemplada polo Decreto de 1995. En xeral, a Mesa denuncia que o ensino continúa a funcionar coma un axente castelanizador, xa que a medida que se incrementa o nivel educativo diminúe o emprego do galego.
Desde o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega sinalan que única enquisa con rango oficial a nivel de lingua é a do Instituto Galego de EstatÃstica, que amosa unha situación menos extrema para o noso idioma.