Basilio García gaña o Ramón Piñeiro de ensaio con A submisión das masas

Submisión premiada

| | Seccións: Literatura
Compartir:

O papel da esquerda na sociedade actual e a importancia de movementos coma o ecoloxismo e o feminismo son os temas de A submisión das masas, a obra de Basilio García que se ven de facer co premio Ramón Piñeiro de ensaio.


O autor


Basilio García asina habitualmente as súas obra como Basilio Lourenço Fondevila. Naceu en 1942 en Vigo e é mestre de Educación primaria. Durante os anos 70 participou na fundación do colectivo CIES. Entre as súas obras detaca O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo.

O premio

O premio Ramón Piñeiro, organizado pola editorial Galaxia e patrocinado pola Fundación Penzol, está dotado con 500.000 pesetas e unha escultura conmemorativa. A intención deste premio é fomentar o xénero do ensaio en Galicia. O xúri estivo composto por membros do consello de redacción da revista Grial.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Basilio García, Ensaio, Basilio Lourenço Fondevila...