Foron vexadas, sometidas a todo tipo de humillacións e torturas que as levaron a cadea e, en moi contadas ocasións á morte. Son as nais, viúvas, irmáns ou fillas, as outras vítimas do 36. Son tamén as testemuñas, as que gardaron na súa memoria a represión para transmitila de xeración en xeración. Contámosche a historia de cinco delas a propósito da exposición Vermellas. Chamábanlle Rojas
Vermellas. Chamábanlle Rojas é o título dunha exposición que se pode ver ata o 6 de maio na Sala Díaz Pardo da facultade de Veterinaria do campus lucense da Universidade de Santiago. Unha mostra que pretende facer unha homenaxe ás mulleres que sufriron a represión do 36. Organizada pola Vicerreitoría de Cultura e recolle o traballo de investigación dos profesores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer sobre diferentes figuras femininas. Ademais, o Proxecto Interuniversitario"As vítimas, os lugares, os nomes, as voces" facilitoulles a cobertura historiográfica achegándolles material e documentación.
Gustavo Hervella, investigador deste proxecto, asegura que as formas da represión psicolóxica da muller foi moi variada: rapadas, vexadas, violadas, humilladas publicamente e mesmo paseadas. O número de homes mortos é moi superior ao das mulleres, pero a presión psicolóxica á que foron sometidas non foi menor asegura Hervella. Aquí coñecemos algunhas historias:
Vermellas: as historias
LONGINA CEREIJO
É unha muller de Manzaneda, filla de Gervasio Cereijo. Cando estallou o golpe de estado no 1936 fuxiu ao monte, onde estivo ata finais dos anos corenta ata que se entregou. Morreu no cárcere polas enfermidades contraídas no monte. A súa familia sufriu rexistros e incautacións.
A Longina a guerra pillouna en Barcelona, desde onde regresou ao caer a fronte de Cataluña. Como o seu pai estaba fuxido, á volta collérona e estiveron nun campo de concentración en Asturias. Entre outras vexacións, na cadea dábanlle un caldeiro e tiña que ir metendo nel, gran a gran, a area da praia.
CARMEN FERNÁNDEZ
Foi unha das membros fundadores do Partido Comunista en Sandiás. Formación na que tamén militaban todos os membros da súa familia. Cando estoupa a Guerra Civil o seu home foxe ao monte e un dos seu fillos, Camilo, ingresa na Guerrilla. Posuía unha fábrica de chocolate que lle foi incautada e, canda esta forma de represión, estivo na cadea por ser nai de guerrilleiros e por ser fundadora do Partido Comunista na zona de Xinzo. Pero a súa permanencia na cadea nunca foi legal, tal e como averiguou o seu fillo, Camilo de Dios, cando nos anos 80 se achegou a buscar os papeis da súa nai para cobrar a indemnización que ofrecer o primeiro goberno socialista pola xente que estivo na cadea pola represión.
CARMEN ABUÍN
Manuela Abuín e o seu marido eran anarquistas de Carril. Co estoupido da Guerra Civil, o seu marido é un dos primeiros asasinados. A partir de entón foi sometida a numerosas vexacións, rexistros, levárona á cadea en numerosas ocasións, tentaron separala das súas fillas unha situación que leva a que entre nunha depresión ata que, a petición dunha das súas fillas, ingresa nun hospital psiquiátrico.
CECILIA COMESAÑA
Os membros da familia de Cecilia Comesaña sufriron nas súas carnes múltiples formas de agresión; desde asasinatos, rexistros, encarceramentos ata diferentes vexacións. Ela, como unha tía súa, foi rapada mentres os seus pais estaban nunha cadea. Destaca por ser unha das poucas vítimas que confesou a súa represión.
MARÍA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
Pertencía a unha familia acaudalada da Coruña. Era muller, librepensadora, mestra socialista, o que a converteu nun obxectivo da represión no ano 1936. Pero non só a ela, senón a todos os membros da súa familia.
Foi asasinada na súa casa da Coruña e os veciños, por medo a que houbera máis represalias, colleron o seu corpo e tirárono á praia de Riazor. A súa nai, que foi traballadora da Sociedade de Nacións (xermolo do que foi a ONU), morreu a consecuencia dos desgustos. Ao coñecer a súa morte, un dos seus fillos escapados volveu para enterrala de noite, ao pé do cemiterio da Coruña. No seu camiño de volta, foi localizado e asasinado.

Fondo Cereijo Álvarez. Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"
É unha muller de Manzaneda, filla de Gervasio Cereijo. Cando estallou o golpe de estado no 1936 fuxiu ao monte, onde estivo ata finais dos anos corenta ata que se entregou. Morreu no cárcere polas enfermidades contraídas no monte. A súa familia sufriu rexistros e incautacións.
A Longina a guerra pillouna en Barcelona, desde onde regresou ao caer a fronte de Cataluña. Como o seu pai estaba fuxido, á volta collérona e estiveron nun campo de concentración en Asturias. Entre outras vexacións, na cadea dábanlle un caldeiro e tiña que ir metendo nel, gran a gran, a area da praia.
CARMEN FERNÁNDEZ
Fondo Camilo de Dios. Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"
Foi unha das membros fundadores do Partido Comunista en Sandiás. Formación na que tamén militaban todos os membros da súa familia. Cando estoupa a Guerra Civil o seu home foxe ao monte e un dos seu fillos, Camilo, ingresa na Guerrilla. Posuía unha fábrica de chocolate que lle foi incautada e, canda esta forma de represión, estivo na cadea por ser nai de guerrilleiros e por ser fundadora do Partido Comunista na zona de Xinzo. Pero a súa permanencia na cadea nunca foi legal, tal e como averiguou o seu fillo, Camilo de Dios, cando nos anos 80 se achegou a buscar os papeis da súa nai para cobrar a indemnización que ofrecer o primeiro goberno socialista pola xente que estivo na cadea pola represión.
CARMEN ABUÍN
Fondo Meaño Abuín. Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"
Manuela Abuín e o seu marido eran anarquistas de Carril. Co estoupido da Guerra Civil, o seu marido é un dos primeiros asasinados. A partir de entón foi sometida a numerosas vexacións, rexistros, levárona á cadea en numerosas ocasións, tentaron separala das súas fillas unha situación que leva a que entre nunha depresión ata que, a petición dunha das súas fillas, ingresa nun hospital psiquiátrico.
CECILIA COMESAÑA
Fondo Álvarez Comesaña. Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"
Os membros da familia de Cecilia Comesaña sufriron nas súas carnes múltiples formas de agresión; desde asasinatos, rexistros, encarceramentos ata diferentes vexacións. Ela, como unha tía súa, foi rapada mentres os seus pais estaban nunha cadea. Destaca por ser unha das poucas vítimas que confesou a súa represión.
MARÍA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
Fondo González Mosquera.Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"