O vigués Slowlee lanza novo disco cheo de colaboracións

Con Cojo aire busca superarse na súa aposta polo Hip Hop

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de Chupado (2004), o vigués de nacemento e vilagarcián de adopción Rafael Lago, "Slowlee", chega ás tendas con Cojo aire (Animal Crackers Rec. 2009). No medio entre os dous discos puxo o seu gran de area en varios traballos colectivos como Hipspano-Los Pesos pesados del hip-hop en español de todo el mundo. Nos 18 temas do novo disco deste artista afonda no estilo hip hop e R&B e atrévese a explorar os sons do soul. A proposta chega cargada de colaboracións coñecidas coma, Gran Purismo, Dani Ro, El Pillo Astuto, Sentinel ou o galego Solemne, e conta con The Zombeats na produción. Entre os seus proxectos actuais, ademais deste lanzamento, está centrarse na produción para artistas de R&B e Hip Hop do panorama nacional e internacional colaborando co grupo de produtores e escritores de Atlanta "The Clutch".

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hip-Hop, Escritores, Lingua galega