O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario

Pániko en las calles é o primeiro disco da discográfica Renegade

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Na escena hip-hop do país preséntase estes días o primeiro disco en solitario de Juan Rafael Díez “Pániko” , o Mc de Vigo que xa formara parte a mediados dos noventa do grupo La Familia xunto a outros como El Puto Coke ou El Pillo Astuto. O disco Pániko en las calles é tamén a primeira produción discográfica editada integramente por Renegade Prods, selo do francés afincado en Galicia Alain Mani, “Albendy”. Neste disco que xa pode atoparse nas tendas viguesas e mercarse a través de iTunes e Nimbit, Pániko presenta quince cortes de rimas contundentes e profundas contando coas colaboracións de djs como Dj Anthony, Dj Limbo, ou Dj Jooz e mcs como El Pillo Astuto, Drama, Xoco Suizo, Rass Canelow. O disco do veterano rapeiro comezará a escoitarse en directo este sábado na Sala Universidad de Ponferrada e o día 18 no Fifty Fifty Club de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Djs, Hip-Hop, Cortes, Pontevedra...

Claves

Conceptos
Lugares