Un sistema de traducción automática español-galego desenvolvido integramente pola empresa galega Dimensiona é un dos últimos proxectos informáticos presentados no noso paÃs. Onda este, na Universidade de Vigo presentouse Cemaweb, unha aplicación desenvolvida por un alumno de EnxeñerÃa Informática que permite a consulta de varias contas de correo simultaneamente a través de Internet.
Traduce, ordenador
Traduza-g e o nome do sistema de traducción automática do español ó galego que presentou onte a empresa Dimensiona. A grande novidade que presenta este programa fronte a outros semellantes é o feito de realizar a análise para a traducción por frases, o que incrementa a intelixibilidade dos textos traducilos ata achegala, segundo a empresa, ó cen por cen dos textos a traducir. No mesmo sentido, a empresa cifra a fiabilidade do programa nun noventa e seis por cento á hora da correción dos textos. Traduza-g conta con vinte mil palabras raÃces sen contar plurais, xénero e conxugacións verbais. Segundo Dimensiona, esta ferramenta permite aforrar un setenta por cento do tempo que se tarda en traducir un texto. Dependendo da velocidade do ordenador empregado e do formato do texto, a velocidade de traducción que permite esta ferramente oscila entre as 600 e as 966 palabras por segundo.
O programa pode executarse en calquera máquina que funcione baixo o sistema windows nas súas versións 98, NT ou 2000. Ademais, a empresa puxo en marcha a posibilidade de probar o sistema directamente na rede de xeito gratuÃto e mediante rexistro na propia web de Dimensiona.
Cemaweb
Desde a Universidade de Vigo chéganos outro traballo de programación feito en Galicia. Cemaweb é o traballo de fin de carreira do estudiante de EnxeñerÃa Informática Diego Rodicio. Este programa permite a consulta de calquera conta de correo a través de Internet. Esta aplicación foi desenvolvida por Rodicio integramente en linguaxe Java, o que permite a súa instalación en calquera sistema operativo. O programa permite a visualización nunha soa web de diferentes contas de correo só con que o usuario as configure unha soa vez. Ademais poden organizarse as mensaxes en diferentes carpetas. Este proxecto obtivo o segundo premio no I Certame Expoenter para proxectos fin de carreira de EnxeñerÃa Informática.