A Xove Orquestra, Fernán-Vello e Juán Durán ofrecen a cantata do SXXI

Poesía musical

O próximo día 31 de outubro o Pazo da Ópera da Coruña acollerá un feito inédito. É o primeiro concerto de abono da Xove Orquestra, os alevíns da Orquestra Sinfónica de Galicia. E para celebralo ofrecerán unha peza moi singular que se convertirá na catanta do século XXI. Unha peza con música de José Durán e co texto de Fernán-Vello. É a "Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz".

Novidades


Os amateurs da música galega, os que forman parte da Nova Orquestra de Galicia ofrecerán o día 31 de outubro un concerto singular. Trátase do primeiro concerto de abono desta formación orquestral, que se inicia cunha peza que foi elaborada por encarga e que se pode considerar como a cantata galega do século XXI. E para esta primeira cita remunerada, os amteurs terán un director de honra, o da primeira formación, Víctor Pablo Pérez. Unha referencia única e ineludible que é moi importante por numerosos motivos e pola cualidade da propia formación.












Sobre a Cantata



Para moitos críticos musicais a obra que intepretará a Xove Orquestra pode considerarse como a cantata do século XXI. Está formada por un texto qeu tenpreto dun centenar de versos que comezan cun "País das terras verdes que van morer ó mar". Unha peza elaborada polo escritor e editor Fernán-Vello que recuera desde o seu propio titulo o aroma das linguas romances e aqueles trovadores populares.
Polo demais, "Cantiga Finisterrae" é unha peza positiva limpa, luminosa e clara na que o coro, ademais de desenvolver unha función importante, que funcionaba como un coro. Unha peza musical que foi elaborada polo coreógrafo galego José Durán.
E a formación orquestral terá o reforzo doutras formacións da Sinfónica, así como da prsencia da sopran Laura Alonso, o barítono Joseba Carril e o acompañamento do coro.




Etapa previa



A Xove Orquestra está formada por case noventa músicos, onde a maior parte deles son galegos. Durante a súa etapa formación da Xove Orquestra as súas miras de futuro está en constituir ou en formar parte da primeira orquestra, isto é, a Sinfónica de Galicia.
Por este mesmo motivo, acontece que a oportunidade deste día 31 podería servir de proba para poder promocionar para a outra formación orquestal. Polo demais, o feito de que sexa o director da primeira formación o que dirixa este concerto, duplica o esforzo e o interés de cada agrupación