Pensar a educación, Galiza: perspectivas educativas e Olladas á Educación son os tres apartados nos que se vai estruturar a XXVI Semana Galega de FilosofÃa baixo o lema FilosofÃa e Educación. O encontro, que se celebrará entre o 13 e o 17 de abril en Pontevedra, centrará as súas análises sobre os problemas educativos. "Cal é o sentido de educar, cales son as metas da aprendizaxe, ou como se deciden as ideas e valores que se están transmitindo ás novas xeracións", explica a Aula Castelao, organizadora do evento. Entre os relatores atopamos nomes coma Carlos GarcÃa Gual, Marina Subirats, Goretti SanmartÃn, Marcial Gondar ou Pedro GarcÃa Olivo entre moitos outros.
XXVI Semana Galega de FilosofÃa.