Onde ninguén pode chegar xa ten guía de lectura

O e-club de lectura de cómic do Porriño pon na rede esta proposta

Desde onte mesmo está dispoñible, no web do e-clube de lectura de cómic da biblioteca de Porriño, unha ampla guía de lectura sobre a obra de David Rubín Onde ninguén pode chegar. A publicación, dispoñible en formato pdf, recolle abondosa información sobre o autor e a súa traxectoria, así coma unha serie de cuestión que axudan a facer unha lectura fonda da obra do ourensán. O e-club xa publicara no pasado mes de xaneiro outra guía dedicada ao Trazo de tiza de Miguelanxo Prado.