Santiago e A Coruña achegarán a música culta a case setenta mil rapaces

Cuestión de oído

Preto de setenta mil rapaces de toda Galicia achegaranse por primeira vez á chamada música culta. Son os concertos educativos que organizan as institucións musicais de Santiago (o Auditorio de Galicia) e da Coruña (o Concello). E para todo isto está previsto un programa completo formado por concertos didácticos para escolares, concertos en familia, así como contos musicais. Unha programación didáctica que se celebrará desde novembro ata abril.

Música en Compostela


A programación didáctica do Auditorio de Galicia volve un ano máis á carteleira como un dos platos fortes da súa oferta. De feito, cada ano son máis os centros que achegan os seus rapaces ata o auditorio para unha audición didáctica dalgunha peza musical. De feito este ano teñen concertada a súa visita uns 240 centros para os 15 programas que están previstos. A masiva afluencia para este evento musical obrigou a reorganizar este programa de tal xeito que exista unha doble sesións (unha ás 10 e outra ás 12). A primeira cita deste programa será o vindeiro 31 de outubro cunha obra moi clásica "Pedro e o lobo" de Prokofiev. Unha cita á que está convidado o principal director da orquestra, Maximino Zumalave. Ademais da audición da obra haberá tamén unha personificacion dos protagonistas a cargo do grupo Per Poc Monicreques con Santi Arnal como narrador.
A seguinte cita estará coa Real Filharmonía coa peza "Toca o noso conto" de Peer Gynt de E. Grieg, do 14 ó 16 de novembro, co apoio de Óscar Dávila e J.C. Vázquez. Por outra banda, o terceiro concerto chegará o 14 e 15 de marzo con "O boi sobre o tellado" de D. Milhaud.
A"música no cine" (30 de novembro e o 3 de marzo)con Susana Carreras, Joan carles santamaría, Pedro Barquero, Xavi Conl e Joan Casas que amosarán a versatilidade dos instrumentos e o poder da voz.
Pero non son os únicos concertos que terán lugar no programa deste ano, xunto a eles completa a programación, Vivaldi e "as catro estacións" (25 de xaneiro); "O entroido dos animais" de C. Sain-Saëns (27 de febreiro); o grupo In Itinere da Universidade (12 e 13 de marzo); e "O empresario teatral" de Mozart o 5 de abril.












e tamén na Coruña



Na cidade herculina o Concello tamén quere contribuir a achegar a música culta os cativos. E para iso , durante esta temporada, preparou unha serie de programas para contribuir a difundir o gusto por este tipo de música. O evento comezao vindeiro día 7 de novembro, o que dará lugar ó incio dos "Concertos Didácticos", que están destinados a alumnos de segundo ciclo de infantil ata o último curso de educación secundaria. Son unha serie de audicións que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia.
Xunto a este ciclo están os "Concertos en familia", para que nenos e maiores colaboren xuntos e nos que se expoñerán pezas como "Peer Gynt", "Variacións de enigma", ou "A historia dun soldado". Por último coas "Músicas temáticas" que achega tendencias innovadoras e con "Todo público" dirixida a nenos pequenos.
Con esta programación un total de 33.000 rapaces terán acceso a novas formas de coñecer e de interpretar a música.