MOA pretende achegar unha cara diferente da artesanía de Galicia

Nova Galega de Danza abre esta noite na Coruña o primeiro encontro deste sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Artesanía de Galicia quere romper cos tópicos e exhibir o seu potencial. Faino no marco de MOA (Mostra de Artesanía de Galicia), a primeira feira do sector na que amosarán que a artesanía é moito máis que o encaixe, a construción de pandeiretas ou a olaría. Desde escenografías teatrais, ata xoias en vidro, lámpadas de deseño, cadros confeccionados con tule e gancho así como pezas de parede de gres fan parte desta feira que terá 83 expositores. Canda a este, haberá un nutrido programa cultural que arrinca esta noite coa compañía Nova Galega de Danza e que inclúe outros nomes como Nordestinas, Susana Seivane ou Bonovo. O encontro terá lugar ata o 1 de marzo na Coruña.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Nova Galega de Danza, A Coruña, Feira...