O grao superior de Música inicia un plan de estudios equirable ós universitarios

Suprema

Desde este ano o Título Superior de Música é equivalente ó de licenciado universitario. Un recoñecemento para as artes musicais que sempre estiveron marxinadas e que recolle o espírito da LOXSE. Unha reforma que en 1990 veu a recuperar o prestixio do ensino artístico dotándoo do ámbito especializado e profesionalizador dentro da educación. Agora, que se acaba de iniciar o curso escolar os Conservatorios Superiores da Coruña e de Vigo impartirán o primeiro curso deste grao.

Ensino musical en Galicia


Ata o momento só había tres centros en Galicia que impartían o grado superior de antigas ensinanzas de música. O que ata o momento estaba en vigor e que respostaba ó plan de 1996. Eran os Conservatorios Superiores de Música, da Coruña e de Vigo e o Centro Autorizado da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Agora, coa posta en marcha do novo proxecto da LOXSE co novo curso en Vigo e a Coruña comezarán a impartirse os primeiros cursos deste grado.
Así, segundo o decreto publicado o 8 de marzo de 2001, establecíanse a normativa específica que poñía en marcha un novo plan de estudios que fai equiparable os Estudios Superiores de Música cos de Licenciado Universitario.












Peculiaridades do novo plan de estudios



Os que posúan o Título Profesional de Música (que implica ter o grao medio de música ou o Título de Bacharelato) poden ´presentarse á proba de acceso que regula a entrada a este ensino. Con este sistema permítese a todos aqueles que proveñen de ensinos de Escolas de Musica con estudios no n regrados a posibilidade de ingresar no grado superior.
E así se recolle no currículo do grao superior que os conservatorios de Galicia e a Xunta de Galicia estiveron a elaborar e que especificaba este novo plan de estudios.
Agora, co Ensino de Grado Superior preténdese formar ó alumnado na creación, interpretación, investigación e a docencia. Catro dimensións que lle ofrecen un perfil mesmo profesional.
En función do novo plan de estudios incorpórase unha oferta formativa moi ampla:
-En especialidades instrumentais que se inclúen no cadro da orquestra sinfónica.
-Especialidades instrumentais e vocais.
-Especialidades da música antiga e tradicional
Ademais, aparece como gran novidade a especialidade de jazz e de flamenco dentro da chamada música no "culta".




Ensino con dotación especial



Os conservatorios de música son, pola súa especificidade, centros peculiares que requiren dunha dotación singular e dun equipamento moi coidado. Por ese mesmo motivo non todos os centros poden adquirir o "rango" de Escola Superior de Música. Ademais, existe unha normativa aplicable a este tipo de centros desde construcción ata dotación que precisa de tempo para adaptarse á nova construcción.