Co inicio da temporada escolar prolifera a aparición de numerosos cursos. E en Ourense, a oferta musical complétase con dous novos: un da zanfona e outro sobre ópera. En primeiro lugar, a Asociación Ourensana de Folclore Tradicional incorpora á súa oferta cultural a recuperación da zanfona, un instrumento que completa as súas especialidades musicais. E, por outra parte, a Aula de cultura de Caixanova acollerá do 15 ó 19 de outubro, a segunda edición do curso de apreciación da ópera "A ópera e o seu mundo".
Cursos para a zanfona
A Asociación Ourensana de Folclore Tradicional leva tempo traballando para recuperar a música tradicional que se desenvolve na provincia de Ourense. E nese empeño seu a incluirán neste novo curso a especialidade de zanfona. Complétase deste xeito as oito especialidades existentes dentro da Escola de Música Tradicional: gaita galega, percusión galega, obradoiro de música tradicional, arranxos e composición a xeito tradicional, linguaxe musical aplicada ós instumentos tradicionais, requinta e frautas de madeira e acordeón.
Ademais, a especialidade musical vén a completar o interese pola zanfona que desenvolve a Asociación Ourensana de Folclore que acaba de celebrar unhas xornadas na honra de Faustino Santalices, que é o creador da zanfona.
O Concello de Ourense, a Aula de Música Tradicional "Gomes Mouro"·, e o Obradoiro de Instrumentos tradicionais da Deptuación colaborarn activamente dentro da música tradicional que iniciará etar tare a parties da oito e media, o actro de presentación das súas actividades para o novo curso.
A ópera e o mundo
Os amantes da ópera teñen unha cita en Ourense, pero un encontro co estudio e apreciación musical. É o curso "A ópera e o seu mundo" que organiza a Aula de Cultura Caixanova e que este ano chega á súa segunda edición. Un curso que será impartido por Faustino Núñez, un dos musicólogos máis destacados do panorama nacional e interancional que xa estivo en Ourense o curso pasado. O Núñez é un vigués licenciado en MusicoloxÃa pola universidade de Viena, profesor, concrnferenciante, e dirixiu a Deutsche Gramophon España entre 1991 e 1993. Actualmente é director musical da Editorial SM.
Para inscribirse a este curso, cómpre pre-encher os boletÃns que se poden atopar nas sucursais de Caixanova. Como ten prazas limitadas, seguirase rigurosa orde de subscripción.