Hoxe comeza en Madrid unha nova edición da pasarela Cibeles, agora coñecida como Cibeles Fashion Week. Un encontro que este ano se caracteriza por contar cun maior número de deseñadores e un cambio na súa estrutura. Dúas salas: Cibeles e Neptuno, servirán para coñecer as propostas para o vindeiro outono/inverno. Nesta ocasión haberá nutrida presenza galega que inclúe desde novos valores ata outros xa consolidados. José Castro será o encargado de abrir a pasarela nun dÃa no que debuta Marta Montoto (dentro de El Ego, espazo para os principiantes). Canda eles, tamén estará Kina Fernández (domingo 22) e MarÃa Freyre, que regresa ao encontro nun espazo privado á marxe do programa.