Trinta e cinco empresas do sector da promoción musical e de organización de espectáculos desas caracterÃsticas reuniranse estes dÃas en Santiago para debater os asuntos de interese para o sector da música en vivo. A novena asemblea anual da Asociación de Promotores Musicais terá lugar no Auditorio de Galicia hoxe e mañá e os seus asociados representan unha cota de mercado de aproximadamente o 80% dos concertos de iniciativa privada en España. Os axentes dos sector porán sobre a mesa diferentes debates sobre o presente e futuro da música entre os que previsiblemente estarán o impacto da crise e a futura Lei da Música cuxo manifesto de apoio subscribiu esta asociación. A representación galega correrá a cargo da empresa Cavea Producciones -pertencente á Corporación Caixa Galicia- e de NordesÃa, únicos asociados galegos da APM. Durante as xornada entregarase o II Premio Backstage ao xornalista Diego A. Manrique, figura destacada da radio musical.