Un proxecto permítelle a intérpretes de música clásica debutar nos escenarios

O dúo Rivera é o encargado de abrir esta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

As irmáns Maria Luz e Raquel Rivera caracterízanse por ser un dúo de violín e piano que prestan moita atención á música contemporánea. Son as encargadas de abrir “Galiópera” un proxecto promovido pola soprano Laura Alonso para promover a presenza de intérpretes nos escenarios. A proposta que se pon en marcha esta noite en Madrid, no Centro Cultural Nicolás Salmerón, pretende que músicos novos se enfronten aos escenarios e que, ademais, inclúan no seu repertorio composicións galegas. O proxecto nace con apoios de fundacións privadas, pero Laura Alonso agarda que o goberno galego se involucre na iniciativa.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Galego, Madrid

Claves

Entidades
Lugares