A editorial TrisTram publica a primeira monografía sobre o folk en Galicia

Crónica do folk

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Crónica do folk

A editorial TrisTram publica a primeira monografía sobre o folk en Galicia

A música folk galega xa conta cunha obra que recolle a súa historia. A editoria TrisTram de Lugo ven de publicar a obra de Xosé Manuel Estévez e Óscar Losada "Crónica do folk galego. 25 anos de historia" que explica a traxectoria deste estilo musical no último cuarto do século XX.

Aporte á cultura


Os autores sinalaron que a música folk realizou neste período "un aporte esencial á cultura", e coa súa obra prentenden "apelar a memoria colectiva dos galgos e a dunha notable xeración" á que pertencen os músicos que puxeron en marcha o movemento folk galego cara a mediados dos anos setenta.




A obra

"Crónica do folk galego" divídese en dúas partes, das que a primeira lembra os comezos deste movemento musical con artistas e grupos que recolleron a tradición musical galega adaptándoa ós novos tempos. Recóllense aquí as orixes e traxectorias de grupos coma Fuxan os ventos ou Milladoiro e de artistas coma Emilio Cao. A segunda parte da obra recopila a actividade de artistas e grupos durante os anos noventa, unha época que os autores consideran de "expación e consolidación".




Presentación

A presentación do libro ó público realizarase en vigo o vindeiro día 14 coa participación dos autores e a actuación musical do grupo Beladona e dos músicos Anxo Pintos e Kiko Comesaña de Berrogüetto.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Lugo, Emilio Cao, Berrogüetto...

Claves

Protagonistas
Conceptos