O Curso de Música Cidade de Ferrol trae á cidade profesores de recoñecido prestixio

Música de metal

Desde hai 15 anos, a cidade Departamental celebra o tradicional Curso de Música Cidade de Ferrol. Un evento musical moi importante e trascendente que converterá á cidade en referente da música de metal durante tres días. Entre o profesorado que chegará a Ferrol destaca a presencia do trompetista francés Eric Aubier, quen xa participou neste evento no curso pasado e repite iniciativa polo seu carácter.

Programa


O Grupo de metais Santa Cecilia e o Conservatorio do Ferrol son os encargados de organizar a XVI edición do Curso de Música Cidade de Ferrol. Un dos eventos máis importantes de Galicia no que se refire a formación de música de metal. E o grupo de profesores que se encargarán de instruir nos seus coñecementos durante os vindeiros tres días son: Eric Aubier, toda unha referencia musical que repite experiencia en Ferrol. Foi solista da Orquestra de La Bastilla e é un recoñecido pedagogo musical en circuitos europeos. Xunto a el, estarán en Ferrol o trombón Joel Vaisse, solista da Orquestra Nacional de Francia; o trompa Jena Jaxques Justrafré da Orquestra Filharmónica de Radio Francia e o tuba David Llacer, integrante da Orquestra Sinfónica de Tenerife. Cada un deles servirá para instruir ós seus alumnos en cada un dos instrumentos de metal que se impartirá no curso.












Novidades



Con esta xa van 16 as edicións deste curso. Un evento que presenta poucas novidades cada ano. Esta vez a principal característica é o feito de que se realizará unha selección dos mellores instrumentistas participantes para tocar no concerto de fin de curso. Un evento no que se contará coa participación, en calidade de acompañante, da pianista Lorena Dapena Merlán.
Ademais, este ano desde fontes da organización consideran que esta última edición se está elaborando cunha maior profesionalización e apoio. Algo que o consolida como algo máis que unha mera continuidade desde o punto de vista musical. Entre todas estas afirmacións o director do Conservatorio Profesional de Música, José Manuel Yáñez, que reiteirou que o centro ten as portas abertas para calquera posible colaboración con Concello eco Grupo de Metais. Unha axuda que serviría para darlle un respaldarazo definitivo para esta organización.




E o premio dos mozos da Sinfónica



A Orquestra Sinfónica de Galicia segue a ser unha canteira de formación de bos músicos. O último exemplo chega desde Munich onde un grupo de cinco rapaces, todos eles pertencentes á OSG e que forman un quinteto de vento que se chama "Miró Ensemble", se acaba de alzar co primeiro premio da 50 edición do concurso internacional da ARD de Munich. Pero non só iso, senón que ademais foron galardoados co premio especial do público.
Compoñen esta formación: Julia Gallego (flauta), José Manuel González (oboe), Issac Rodríguez (clarinete), David Alonso (trompa) e Guillermo Salcedo (fagot).