Ramón Souto recibe unha mención de honra do festival de novas músicas de Rochester

A peza do compositor vigués será interpretada en marzo polo conxunto da Eastman School

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ossia New Music é o festival de música alternativa de Rochester (Nova York). Un encontro que convoca desde hai dous anos un premio de composición de ámbito internacional. Un certame ao que o compositor vigués Ramón Souto presentou En suspenso, unha obra baseada nun texto de Bruno Shulz, novelista e pintor xudeu que foi asasinado na Segunda Guerra Mundial. A composición recibiu unha mención de honra e será interpretada o 27 de marzo pola Ossia Ensemble da Eastman School, entidade organizadora do certame.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Segunda Guerra Mundial, Nova York

Claves

Lugares