A BBC nomina a Mercedes Peón, e músicos da OSG reciben un premio en Munich

Serenata para Cecilia

Hoxe os músicos están de patrón (Santa Cecilia) e por todo isto o panorama musical está moi cargado de actos. Pero non só por iso porque de fóra tamén chegan sons moi afinados. Son os que traen unha nominación para Mercedes Peón- candidata ó premio da BBC á mellor artista folk-; os que mentan un premio para cinco músicos da Sinfónica de Galicia desde Múnich e os que deixa Walter Thompson na Sala Nasa dentro do Festival Son Outros Sons (S.O.S).

Concertos de patrón


Conservatorios, escolas de música, academias ou agrupacións tradicionais celebran hoxe a festividade da súa patrona. E fano do mellor xeito que saben, sacando e desempolvando os seus instrumentos de gala ofrecendo concertos por doquier.
Por todo isto en toda Galicia se suceden unha gran multitude de actos en homenaxe, con programas de expeccións, exhibicións e toda forma de celebración musical. Comezamos pola provincia de Ourense, onde hai un cargado programa de actos que se extende ata o domingo. A Banda de Música ofrece un concerto na igrexa de Santa María Nai, as sete e cuarto da tarde. Un concerto que pretende honrar ó músico ourensán Segismundo Fernández Feijóo, que foi subidrector da banda municipal entre 1940 e 1990. Pero non é o único que hai, xa que en Viana do Bolo hai un "encontro musical de Santa Cecilia" na casa da cultura á partires das 20.30. E en Rivadavia os actos resérvanse ata o sábado. A Banda da Lira, celebra unha misa á que lle seguirá unha comida. En Celanova e Vilanova dos Infantes as respectivas bandas organizan un concerto o vindeiro domingo. Por último, en Verín haberá un encontro entre agrupacións musicais do municipio.
Na provincia de Pontevedra, o acto máis destacado foi o que se celebrou onte e que xa ven sendo habitual desde hai vinte anos. Trátase do concerto que ofrecen os profesores do conservatorio Mayeusis cun programa moi variado que incluía pezas desde Mozart ata Kenny G.
E na provincia da Coruña destacan dous eventos. Un en Santiago onde a Real Filharmonía estrea o seu programa de abono cunha obra do compositor galego Rogelio Groba. Un programa que dirixía Antoni Ros Marbà co "Concerto Lorquiano" e que era un traballo de homenaxe ó poeta granadino.












Nominación de Mercedes Peón



Mercedes Peón está en racha. Aínda que teñamos que esperar ata o 28 de xaneiro do 2001 para saber se se alza gañadora do premio que concede a BBC ó mellor artista folk, está claro que o 2001 non pasará desapercibido para a súa música. O seu último disco "Issue" estivo en portada das principais revistas folks do mundo, a súa música obtivo a repercusión máis grande nas radio fórmulas de todo o mundo que tivo ningún dos seus anteriores traballos e críticos musicais de diferentes partes do mundo eloxiaron o bo traballo.
A BBC organiza todos os anos un certame musical que pretende premiar ós mellores traballos. Dentro das múltiples categorías destaca a de "mellor artista de música étnica europea". Aínda que Mercedes Peón está moi satifeita coa nominación, segundo declarou a La Voz de Galicia, considera que todo este "éxito" do seu último disco pretende premiar toda unha serie de anos de traballo.




E o premio dos mozos da Sinfónica



A Orquestra Sinfónica de Galicia segue a ser unha canteira de formación de bos músicos. O último exemplo chega desde Munich onde un grupo de cinco rapaces, todos eles pertencentes á OSG e que forman un quinteto de vento que se chama "Miró Ensemble", se acaba de alzar co primeiro premio da 50 edición do concurso internacional da ARD de Munich. Pero non só iso, senón que ademais foron galardoados co premio especial do público.
Compoñen esta formación: Julia Gallego (flauta), José Manuel González (oboe), Issac Rodríguez (clarinete), David Alonso (trompa) e Guillermo Salcedo (fagot).