Sae á venda Olladas atlánticas, o primeiro e-book galego

Luarna editores publica a obra de Daniel Levesedo

Unha serie de relatos centrados nas figuras de mulleres que viven na costa galega. Este é o eixe de Olladas atlánticas a obra de Daniel Levesedo que a editora Luarna acaba de publicar para a súa lectura en e-reader. A editorial explica o seu compromiso con estes novos soportes de lectura electrónica e pretende xerar contidos para contribuír á difusión dos mesmos. Olladas atlánticas está polo momento dispoñible en formato PDF, aínda que a editora anuncia a súa intención de se pasar ao formato ePub en canto este acade maiores cotas de universalización.