Sete mozos compiten polos premios de honra "Fin de carreira" na Coruña

Notas temperás

Son novos, son moi bos e comparten as mesmas ambicións. Son os sete mozos que onte ofreceron un concerto moi competitivo, o mesmo que determinará quen deles gañará o Premio de Honra de Fin de carreira. A guinda que poñerá punto e final a oito anos de traballo nos que tamén contaron cunha estadía becada polo estranxeiro. Son as notas máis novas dun mes de novembro que sona a música por moitas partes. En Pontevedra cunha novidade, a primeira temporada da Orquesta Sinfónica de Galicia fóra da súa casa (o palacio da Ópera da Coruña); en Noia coa súa XXV Semana Musical de Noia, e , por último en Ferrol coa Semana da Música de Caranza.






O concerto do premio


O Conservatorio da Coruña acolleu onte un concerto con todas as características dunha grande final. Nervios, tensión pero unha cualidade que agradou a todos os asistentes. Era o punto final de sete mozos que compartían todos o mesmo afán por facerse co premio de honra de fin de carreira. E foron sete rapaces os que, cada un na súa especialidade (piano, trompeta, violín, guitarra e saxofón), quixeron poñer o broche de ouro a súa traxectoria. Unha traxectoria moi semellante entre un grupo selecto que pretende vivir da música e que optaron polo estranxeiro para ampliar os seus estudios.
O Conservatorio da Coruña é un centro de referencia en todo o mundo, xa que con mil alumnos matriculados cada curso académico, ten desprazados rapaces formándose en numerosas orquestras. Gracias ós numerosos programas de bolsas os seus alumnos poden completar a súa formación no estranxeiro para poder cumplir un sono que se repite en numerosos destes rapaces: poder vivir da música.
Onte, Alicia González, Mateo Arnaiz, Iván Crespo, Federico Álvarez, Javier Ares e Manuel Prada amosaron durante dúas horas e media o talento dos xenios dos próximos anos.



Fóra da casa



Pontevedra achegarase musicalmente á Coruña. Ou viceversa. E é que unha das formacións orquestrais máis importantes de Galicia inicia por primeira vez unha temporada paralela en dúas localidades. Falamos da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que acaba de subscribir un convenio de colaboración en función do que a cidade do Lérez acollerá un ciclo musical no Pazo da Cultura. Os concertos darán comezo o vindeiro sete de decembro cando a Orquestra estará acompañada ó piano por Peter FDnobe, e estará dirixida por Victor Pablo cun repertorio con obras de Schumman e Brahms.
Deste xeito a OSG inicia unha novidade no seu programa, xa que nunca ofrecera ciclos lonxe da Coruña. E a súa eleción foi Pontevedra debido ó número de asistentes ós concertos musicais.




E Semanas Musicais


Completa a programación musical destes días as semanas musicais: a de Noia e a de Ferrol. Empezamos por Noia que celebra a súa semana con instrumentos de viento e de cámara e que comeza hoxe. Unha semana pola que se pasarán por Noia o grupo de Cámara de Lalín, a Banda de Música de Camaño, e o quinteto de vento "Pentafonía".
Por último pechamos este repaso musical do mes de novembro coa Semana Musical do ferrolán barrio de Caranza. Unhas xornadas que comezan hoxe coa actuación da "Coral Amistad"; á que lle seguerán a Coral Polifónica A Lapela, a Escola Charamela, a Banda de Musica do Tercio Norte. Esta celebración terá lugar o vindeiro sábado ás oito e media da tarde.