Aíd presenta un hip-hop alternativo e renovado co seu primeiro traballo

A viguesa gañou no 2008 o certame de novos valores Heineken Greenspace

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Aíd, “a nova tecnoloxía do rap”, xa está aquí co seu primeiro disco Jugando (Autoeditado) froito de máis de dous anos de evolución musical xunto a El Puto Coke que asina a produción. Ten 18 anos, compaxina os seus estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións co hip-hop, a súa paixón como ela mesma asegura. Aída Alonso, coñecida como Aíd, gañadora o ano pasado da cuarta edición do Heineken Greenspace para novos valores ten xa na rúa o seu disco que este venres presentará en directo na sala La Iguana de Vigo. Dezaseis temas, dous deles en galego, nos que a rapeira é capaz de tecer un discurso narrativo vital de primeira orde entre o particular e o universal arroupado por un son heterodoxo con moi bo gusto. Nos seus temas distínguense as influencias que ela mesma admite do son Chicago característico da Motown en intros, e bases que van do funk ao soul e mesmo o lounge. A MC fai toda unha declaración de intencións e presentación persoal no tema Boogie Vigo no que, como en outras cancións fai numerosas mencións ao universo virtual no que ten envorcado o seu traballo, blogs, My Space, foros, etc.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Aid contra 1.300

Aid contra 1.300

Unha rapeira viguesa faise co premio Heineken Greenspace para novos valores

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Hip-Hop, Vigo, Tecnoloxía

Claves

Conceptos
Lugares