Obradoiros de doce horas dedicados á creación de banda deseñada, conferencias ou obradoiros exprés de 120 minutos son as propostas didácticas encol da novena arte que presenta Cerditos de Guinea Cómics. As iniciativas poden contratarse con este colectivo de autoedición ou a través do programa Letras Vivas da ConsellarÃa de Cultura. En todas as actividades os participantes levarán un lote de obras do selo. Pola súa banda, en Gondomar o Club Lecturas Debuxadas continúa a súa andaina cunha ampla participación que chegou aos 25 lectores nalgunha sesión. Para o vindeiro 17 de febreiro teñen prevista unha sesión dedicada a Maus. Un mes despois será RÃo abajo, de Rabaté, a obra comentada como lectura principal e Arrugas, de Paco Roca, como lectura proposta.