A improvisación, da man de Walter Thompson, abrirá o festival S.O.S na Nasa

Son outros sons

Nada de ensaios. O festival que do 21 ó 23 de novembro terá lugar na Nasa non terá nada de preparado. É máis, a súa baza forte será a interpretación. E para iso contarán cun especialista da pedagoxía musical. Trátase de Walter Thompson que poñerá en marcha o seu sistema de música improvisada "Sound Painting" con 18 participantes galegos, entre músicos, actores e artistas varios.

Unha curiosa pedagoxía musical


O que se verá na Sala Nasa a semana que vén será un evento que non se repite todos os dias. De feito, a aportación de Walter Thompson é un espectáculo non moi frecuente e que só deixará ver en dúas cidades españolas: unha Santiago e outra en Barcelona dentro do coñecido festival LEM. Thompson é un especialista en pedagoxía musical, concretamente no ámbito da improvisación estructural, no que leva traballando máis de vintecinco anos. A súa técnica musical está formado por máis de 700 signos xestuais que indican o tipo de improvisación que se desexa de cada intérprete.
Para o festival que comeza o vindeiro día 21 na compostelana Sala Nasa, Thompson requeríu a colaboración de 18 persoas (entre músicos, bailaríns e diferentes tipos de artistas). Un envento que espertou numerosas simpatías que esgotaron rapidamente as prazas. Os participantes acudirán a un obradoiro que se desenvolverá do 21 ó 23 no Estudio Escola de Música para formar a Walter Thompson Orchestra de novas músicas ou músicas non usuais.












Sobre o festival



O resultado do obradoiro da improvisada Walter Thompson Orchestra dará comezo o 23 ó Festival Son Outros Sons (S.O.S) que se celebra na Nasa. Por diante quedan dous días nos que se desenvolverá un programa alternativo que pretende destacar un programa variado dos festivais alternativos actuais. Un pouco recuperar para Galicia a filosofía de traballo que se aborda anualmente no festival barcelonés LEM.
E para iso na primeira edición do S.O.S figura un programa no que ademais do xa citado Thompson estarán a formación galega "Curitiba", integrada por varios músicos e un DJ. O día 24 será o turno de Cornucopia (soniso sonoros e imaxes que chega desde Porto Rico) e Sinsal (un colectivo de Vigo no que traballan DJs e outros creadores).




E para xaneiro



Aínda que faltan case dous meses para que se inicie un dos festivais celtas máis importantes, o "Celtic Connections" xa se coñece algúns dos particiapantes que irán exhibir a súa música a Glasgow. E entre os participantes asiduos (nos que destaca Susana Seivane, que debutou este ano por primeira vez, e Carlos Núñez, que é xa todo un experto neste tipo de eventos) cómpre destacar a presencia de Mercedes Peón que irá a presentar o seu "Issué". Unhas aportaciós que xa empezan a facer mella nas revistas e nas publicacións. O último exemplo é "Froots".