Brath e Fía na Roca presentan en Lugo e Santiago e os seus novos traballos

Contra vento e marea

14/12/2000 | Santiago.Redaccion | Seccións: Música
4 lecturas | Compartido 0 veces
O folk galego ten novos aires: Contravento e 5inco. Os últimos traballos de Fía na Roca e Brath que volven logo dun longo paréntese adicados á investigación e exploración de novos sons. E chega con forza presentando dous traballos renovados que se distancian dos seus álbumes anteiores.
Fía na Roca




En 1993 aparecía no panorama folk Fía na Roca, sorprendendo pola súa cualidade e polos toques dos seus arranxos. Editaba "Fía na Roca" que daría paso a "Agardando a que pase algo", un álbume que non tivo a repercusión esperada. Agora, "Contravento" supón a primeira gravación do grupo como independente. Mesturando folk con rock pero seguindo sendo fieis ó seu estilo, Fía na Roca ofreceu onte un concerto presentación do seu último traballo no Auditorio da Universidade.












Brath





"5inco"(Sons Galiza) é o quinto e último traballo do grupo de folk lugués Brath. Un traballo que inicia unha triloxía e no que reivindica a mestizaxe e a canción comprometida. Unha primeira parte que logo dará pé a outras obras que abordarán temas como a ecoloxía, o amor ou o desamor. Con este traballo, prentende primar a importancia das letras, de aí que as letras teñen as súas raíces nun pomario de Eloi Caldeiro, un dos memrbos da agrupación, publicado no libro de poemas "Informativos".

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Lugares