Unha nova discográfica e un novo lanzamento no panorama folk

Discos e discográficas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Logo de anunciar o lanzamento do vindeiro disco do Abe Rábade Trío, a nova discográfica Xingra.com anuncia os seus primeiros traballos no eido do folk, da música do mundo e da fusión. Mentres, coñecemos tamén o último traballo de Brath, unha denuncia sobra a situación ambiental do país feita con ritmos tradicionais.

Xingra.com

A rencentemente constituída discográfica Xingra.com vén de anunciar os seus lanzamentos no eido do folk para este ano. Un disco das cantareiras de Arteixo, Xiradela, será o primeiro, e continuará o novo traballo do grupo ourensán Doa logo de anos de silencio.
Outro eido que Xingra inaugura é o da música do mundo, co traballo do guitarrista Marcos Teira e seu flamenco-fusión ademais do segundo álbum da guitarrista Maite Dono. Ademais do xa anunciado disco de Abe Rábade Trío no eido do jazz, desde Xingra tamén queren publicar o primeiro disco de Carmen Rey.
Segundo o responsable da compañía, Nani García, "hai un sector do público que quere escoitar outras cousas distintas e alternativas ó producto máis comercial". Os lanzamentos de Xingra contarán, nesa liña alternativa, con tiradas pequenas e coidadas.

Brath

O grupo Brath vén de presentar "Rodeira", o segundo álbum dunha triloxía. "Rodeira" é un álbum conceptual no que se realiza unha pergrinación polas fontes do país ó tempo que realiza un duro ataque á situación ambiental de Galicia. O grupo Brath, encabezado por Eloi Caldeiro, realizará unha xira de promoción por Inglaterra, Alemania e Xapón, ademais de varias actuacións por España. O disco inclúe unha colección de fotografías realizadas polo propio Caldeiro.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Abe Rábade, Nani García, Rodeira...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos