Retranca terá unha exposición nos buses de Vigo

A campaña ``atea´´ da revista tivo problemas para se difundir nese soporte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Retranca terá unha exposición nos buses de Vigo

Os autobuses urbanos de Vigo levarán en breve unha exposición con portadas e debuxos da revista Retranca. Kiko da Silva facía esta mañá o anuncio ao abeiro do debate que mantivo coa empresa concesionaria por mor da campaña publicitaria da revista. Segundo publica o blog da publicación, Vitrasa negouse a incluír nos seus buses o cartel que imitaba a recente campaña atea que se está a dar en diferentes cidades. Logo dun pequeno cambio no texto (de "os deuses non existen" a "Zeus non existe") confirmouse que os buses circularán coa publicidade a partir de mañá.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Vigo, Kiko da Silva

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares