Fílmax presenta un portal de distribución de contidos audiovisuais

A plataforma ofrece películas en alugueiro a partir de 1.95 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A industria audiovisual está a presentar medidas para combater a piratería. Ademais de promover iniciativas lexislativas para que se cualifique como delito o intercambio de arquivos, diversas produtoras entran no negocio da distribución en liña. A última en facelo foi Fílmax. A empresa de Julio Fernández afincada en Barcelona acaba de presentar Yodecido.com. Un portal que achega máis de 700 películas, 3 millóns de cancións con prezos a partir de 0.69 euros por música, 1.95 por película se é alugueiro e 4.95 se é compra. Ademais, o portal conta con Camerino, unha rede social para que os usuarios poidan comentar, valorar e compartir opinións sobre as producións.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona

Claves

Lugares