Quiosco: Move

A publicación electrónica inicia unha nova etapa

A revista electrónica que promove o pub compostelán Modus Vivendi acaba de iniciar unha nova época. Move presenta unha nova vaga de contidos nos que conflúen artigos de opinión, creación e crítica. Deste xeito, podemos ollar o video da Muñeira-Flamenco ao baile de Carmen Fernández, ler a crónica musical Souvenir from MY ou achegarnos ao relato Pausa Café de Francisco Castiñeira, entre outras propostas.