Corresponsabilidade na casa e Corresponsabilidade na escola son os tÃtulos das dúas BDs de oito páxinas que fan parte da campaña Coeducando para un novo fogar do Concello da Coruña. As dúas historias son da autorÃa de LuÃs Sendón, están dirixidos a preadolescentes e queren conscienciar contra a división por sexos tanto no espazo escolar como nas tarefas da casa. Dez mil exemplares das dúas publicacións, producidas por Filtrocomunicacións distribuiranse polos centros de ensino da cidade e empregaranse nos obradoiros sobre corresponsabilidade que se desenvolverán no seo da campaña.