O 29 de xaneiro cumprÃanse dez anos no sepelio de Gonzalo Torrente Ballester. Unha efeméride que a Fundación Caixa Galicia, o concello de Ferrol e a Asociación de Amigos da Universidade celebraron cunha ofrenda floral e o inicio dun encontro literario. Carlos Castilla del Pino, amigo persoal de Torrente, foi o encargado de iniciar os coloquio-conversas coordinados por Ponte Far, biógrafo e estudoso da obra do escritor ferrolán. Xavier Cercas, Julio Lamazares, Miguel D´Ors e Rafael Chirbes completan este ciclo que se estenderá ata marzo. Ademais, o concello deu a coñecer a súa intención de que o 2010 sexa o ano Torrente Ballester.