Os setenta foron o caldo de cultivo para moitas das explosións artísticas e creativas que tiveron lugar nos oitenta. Pero foron moito máis ca iso, unha década marcada polos cambios políticos e sociais. O CGAC revisa criticamente a produción cultural (arte, literatura, teatro, música, audiovisual...) desa época na mostra que inaugura mañá. Faino da man de Alberto González-Alegre que advirte que os artistas non precisaron da morte de Franco para expresarse libremente.
Pero non é a única aclaración que fai antes de que se abra a exposición, hai moitas outras. A máis importante, se cadra, que Portas de Luz. Unha achega á arte e á cultura en Galicia nos 70, non ten unha vontade enciclopédica, nin revisionista con exhaustividade de toda unha época para iso haberá que pedir todo o CGAC completo (a exposición ocupa todo o soto do centro), todo o Museo do Pobo Galego e aínda nos faltaría espazo. No fondo, porque esta revisión desta década é persoal, a subxectiva que ofrece Alberto González-Alegre. Ademais, é o seu primeiro gran proxecto en Galicia desde que deixou a dirección da Fundación Seoane.
A reconstrución unha década
Foi no verán de 2008, cando Manuel Olveira lle encomendou a González-Alegre repensar toda esta década. Desde entón, o comisario iniciou un proceso de reflexión e de lembranzas do que foron os anos 70. É a miña revisión, a miña propia subxectividade a que fun construíndo neste tempo explica Alberto. Por iso, todas as ausencias e presenzas están xustificadas no seu propio discurso. Os dous meses nos me dediquei a pensar, e soamente a pensar, serviron para confirmar e asentar o que eu entendo que son os setenta. Non están os que subxectivamente penso que non achegan nada, ou os que comparativamente con outros artistas, amosa algo insuficiente explica. Pero nesa revisión persoal da década Aberto non estivo só, no fondo porque consideraba que non se podía cinguir exclusivamente a arte plástica, senón que tamén había que amosar o que aconteceu nas artes escénicas, no audiovisual, na banda deseñada Contei con algo parecido a un consello asesor, con xente moi vencellada á cultura de sempre aos que lle traslado a miña idea xeral para que traballen a súa definición propia. Xosé María Álvarez Cáccamo, Damián Villalaín, Carlos Biscainho, Margarita Ledo, Julio Prada conforman ese proxecto multidisciplinar. O resultado é unha exposición con numerosísimas pezas, cun catálogo e cunha serie de actividades paralelas (como os ciclos de cine) que achegan unha visión completa do que foi esa década.
A exposición non está ordenada temporalmente. ¿Qué máis cronoloxía se precisa que os anos 70? se pregunta o propio Alberto. Todas as obras están ordenadas coa preocupación de poder exhibir toda a efervescencia cultural, a evolución e os diferentes momentos desta década que se caracteriza, di o comisario, por non ser un ensaio xeral do que foron os oitenta.
Os anos 70
Habitualmente fálase da revolución cultural que supuxeron os anos oitenta, da transgresión dos límites e das formas, da efervescencia creativa que parece que agroma da nada. Pero non é así. Alberto González-Alegre quere situar no seu sitio os setenta, como esa década de ponte da que despois de ter repasado polo miúdo afirma teño a convicción non patriótica de que había vida intelixente dabondo en cousas que se fixeron, non foi un mero ensaio xeral. Pero o máis importante é que esta década non estivo tan marcada polos feitos históricos como se pensa. Na súa opinión, a morte de Franco non foi un eixo tan clave na produción cultural como se pode pensar a posteriori. Máis aínda, a diferenza dos 80 nos que hai unha eclosión común, nos 70 aprécianse dependencias e cronoloxías estéticas diferentes. Se fixeramos un estudo das cronobiografías das diferentes disciplinas culturais e as situamos todas xuntas poderiamos ver que non casan os momentos cumio. É un efecto de naturalidade afirma. O que si hai nesta época é unha colaboración indiscriminada de axentes culturais. Os traballos de Kukas con Seara, os de Quessada con Abrente non son máis que mostra desa relación afirma Alberto.
Alberto Datas, Silverio Rivas, Tino Grandío, Laxeiro, Juan de Dios, Díaz Pardo, Luis Seoane, Xavier Seoane, Reimundo Patiño, Eugenio Granell, Fernando Casás, Leopoldo Nóvoa son só algúns dos artistas que aparecen recollida nesta mostra. O que máis se bota en falta é o pouco traballo conceptual que se fixo nesta época matiza Alberto. No fondo, unha mostra que pretende demostrar que cando todo comezou as cousas xa viñan de antes. Sempre foi así.