A Banda de Música da Federación Galega presentouse en Santiago

Música federada

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

O pasodoble Arnoldo, do holandés Hardy Mertens inaugurou onte a Banda de Música da Federación Galega. Unha nova agrupación que incoprora nun única entidade á músicos da maioría das bandas federadas. Representa así ás bandas de Galicia en todo o mundo.

Motivos


A nova Banda de Música da Federación Galega levaba tempo xestándose. A federación de Bandas de Música Popular levaba tempo querendo desenvolver unha iniciativa deste estilo. Deste xeito pretendía reunir nunha única entidade a músicos das diferentes bandas de toda Galicia, creand--o un organismo de referencia en todo o mundo.




Programa

Marcel van Bree foi nomeado como director titular da nova agrupación. A súa experiencia á fronte do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e ser creador da Banda Sinfónica de Galicia foi determinante para o seu nomeamento. Na súa estrea Van Bree escolleu un reprertoro constituido por "Arnoldo" e a jota "Viva Navarra" de Larregla. "Manin veen" de Haydn Wood e a "Encantation and Dance" de Jhon Barnes Chance, e o segundo movemento da Sinfonía nº2 de Andrés Gaos, que dirixiu Hernán Naval e "Danzas Armenias" de Alfred Reed e Charles Chaplin compuxeron as pezas de inauguración para esta nova Banda.

Que che parece esta nova?
9 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinfonía, Navarra, Lalín

Claves

Conceptos
Lugares