Un traballo sobre o Cocido de Lalín gaña o XV Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico

O xurado tamén premiou ao programa Larpeiros, a Xosé Antonio Perozo e a alumnos e profesores da USC

Daniel González Alén gañou o XV Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico que convoca o concello de Lalín. Este historiador lalinense obtivo o recoñecemento a partir do seu libro A Feira do Cocido, 40 anos de historia editado por Alvarellos Editora. O xurado tamén concedeu áccesits á mellor web gastronómica, gañada polo proxecto Coas Nosas Mans, dos profesores da USC Manuel Gago e Xavier Vaz con alumnos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, Xosé A. Perozo, pola súa serie Platos con historia publicada en El País e o programa Larpeiros da TVG.