O galego na lei e na administración centraron os Encontros para a Normalización

Sen norma

| | Seccións: Lingua
Compartir:

A primeira xornada dos "IV Encontros para a normalización lingüística" serviu para analizar a situación do galego en diferentes ámbitos sociais. A normalización do idioma para por que a igrexa, a administración, a escola a publicidade e as leis precisan dunha toma de conciencia do usuario.


Normalización


O próximo ano 2000 é o ano Internacional das Linguas, por este motivo, as IV xornadas pretenden analizar a situación do galego dentro da actual configuración sociolingüística de Galicia. No primeiro día a situación da lingua nas leis centraron a maior parte dos debates, nas que Luis Rodríguez, catedrático en Dereito Romano, destacou a necesidade de que a administración forme un funcionariado competente no galego; aínda que recoñeceu que a situación do galego no dereito non é moi positiva.


Cualidade lingüística


Nas xornadas de hoxe se recupera o debate alimentado estes días sobre a normalización lingüística na onomástica e na toponimia. As xornadas, organizadas polo Arquivo de planificación e Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega, contan hoxe coa presencia do escritor Gonzalo Navaza e Antón Santamarina, director do Instituto da Lingua galega. Na clausura de hoxe, preténdese facer unha análise da situación real da estandarización e calidade da nosa lingua.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Os fitos da lingua

Os fitos da lingua

Os trinta anos da Lei de Normalización protagonizan os XV Encontros para a Normalización Lingüística

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Gonzalo Navaza, Antón Santamarina, Lingua galega...