Heredeiros da Crus lanzan o primeiro directo de rock feito en galego

Galicia en directo: All right Chicago (rock´n´roll)

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

Logo de cinco álbumes de grande éxito de público e unha certa polémica, o grupo Heredeiros da Crus regresa cun dobre disco de rock en directo que fai historia ó ser o primeiro deste tipo en galego. As 26 cancións do disco graváronse maioritariamente en Ribeira o 24 de xullo, e entre elas atópanse temas inéditos, como unha versión de Camilo Sesto.

Grandes éxitos



"All right Chicago (rock´n´roll)" fai un percorrido polos grandes éxitos dos cinco discos anteriores da banda, en versións cheas da enerxía do directo. Ademais, inclúese algunha das cancións que o grupo realizou para o Xabarín Club. Onda os temas, un amplo libreto de vintecatro páxinas a cor que pretende animar a xente a que o compre e evitar a piratería.





No mellor momento

Os membros do grupo coinciden en afirmar que este é o mellor traballo que realizaron ata o momento, e que o grupo está nunhas condicións óptimas. Para eles é a proba de que o grupo pode seguir crecendo e competir con calquera grupo de rock español.




"Chicago" comeza en Lugo

As festas de San Froilán serán o punto de partida da xira de presentación deste disco. O domingo ás once da noiteo Patio de Seminario de Lugo vibrará co directo dos Heredeiros. E desde alí, por toda Galicia e parte do estranxeiro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Heredeiros da Crus, Xabarín Club, Lugo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares