Do Cumio presenta a Biblioteca Edgar Allan Poe

A colección iníciase con Os crimes da rúa Morgue

A coincidir co 200 aniversario do nacemento de Poe, Edicións do Cumio lanza a Biblioteca Edgar Allan Poe, unha colección que recolle algunhas das obras máis coñecidas do americano. Os crimes da rúa Morgue será o primeiro título en ver a luz, na altura do mes de marzo. O escaravello de ouro, Un descenso ao Maelström, e un volume cos relatos A máscara da morte vermella, A verdade sobre o caso do señor Valdemar, O manuscrito achado nunha botella, e Sombra completan o proxecto. Todas as obras están traducidas por Susana Rodríguez Barcia e terán debuxos de Fino Lorenzo.