Televisión de Galicia reforza a programación con Trece badaladas e Ruta 66

Matalobos, a serie que substituirá a Padre Casares, emitirase en abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ao fío de Padre Casares , Televisión de Galicia estrea o vindeiro luns unha serie documental que pretende achegarse á vida das parroquias a través da figura dos curas. Baixo o título de Trece badaladas (Luns, 21:45 horas) emitiranse 13 capítulos dirixidos por Paula Cons que achegarán a vida de sacerdotes que levan unha vida atípica e curiosa, desde o que practica exorcismos ata o que toca nunha orquestra.

Un día despois, o martes 20 (22:00 horas), a TVG estreará Ruta 66. Producido por Continental e Filmanova, este novo programa pretende achegar as repostas de oito persoas entre 57 e 68 anos ás que se lle presentan unha serie de retos que, a priori, parecen adecuarse a outros públicos: facer parapente, surfear, actuar.... A estes dous proxectos sumaráselles Matalobos, un thriller policial que xira arredor dos Matalobos, unha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico. Unha serie producida por Voz Audiovisual que chegará ás pantallas no mes de abril para substituír a Padre Casares.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Curas catódicos

Curas catódicos

Recuperamos os curas máis famosos do audiovisual galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, Paula Cons, Documental, Filmanova...