Os Smashing Pumpkins estarán en Santiago e Van Morrison na Coruña

Citas irrepetibles nesta fin de semana en Galicia

A banda que lidera Billy Corgan visita mañá Santiago na súa xira de despedida. Unhas oito mil entradas vendidas aseguran un pleno no multiusos para ver ós Smashing Pumpkins. Mentres, hoxe na Coruña, os incondicionais de Van Morrison poderán velo no Coliseo acompañado de Linda Gail Lewis e os Red Hot Pokers.

Smashing Pumpkins en Santiago





O grupo de Chicago, os Smashing Pumpkins, chegan a Santiago logo de anunciar que no próximo mes de novembro se despiden do mundo do espectáculo. Uns nove mil incondicionais corearán as canción s de "Machina/the machines of god" o que asegurará un pleno. O grupo conclúe con esta xira unha brillante careira iniciada en 1990 cun disco de honra á heroína do cine mudo Lillian Gish.











Van Morrison na Coruña



O león de Beslfast chega esta noite a Coruña para presentar "You win again". editado esta semana e no que se achega ó country-rock.

Van Morrison chega á Coruña logo de percorrer unha vintena de cidades de Suecia, Dinamarca e Gran Bretaña. Na súa posta en escena non estará só, a cantante de country montañés Linda Gail Lewis entonará con el as súas cancións máis coñecidas.