O CGAC programa un curso para achegar a arte contemporánea ao público non especializado

O programa atende aos movementos artísticos da primeira metade do século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Coñecer os principais movementos artísticos, a súa contextualización, as figuras claves de cada época desde principios do século XX ata a Segunda Guerra Mundial. Este é o contido do curso Aproximación á creación IV: A vangardas históricas (1900-1945) que acaba de convocar o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O curso dirixido por María Álvarez Cebrián e coordinado por Virginia Villar, dará comezo o día 20 de xaneiro e desenvolverase no primeiro semestre estruturado en vinte clases teóricas e seis prácticas.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Segunda Guerra Mundial, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)