Abertas tres liñas de axuda do Ministerio de Cultura para o sector audiovisual

O Ministerio destinará seis millóns nestas tres convocatorias

8/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Axudas a distribución de películas comunitarias (BOE do 5 de xaneiro), conservación de negativos e soportes orixinais (BOE do 6 de xaneiro) e produción de curtametraxes (BOE do 7 de xaneiro) son as tres liñas de axudas que acaba de convocar o Ministerio de Cultura, a través do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA). En total destinaranse seis millóns de euros a estes conceptos con cargo ao Fondo de Protección á Cinematografía. O prazo de presentación de solicitudes nas tres liñas de axudas xa está aberto.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, ICAA

Claves