Desde os anos 60 amosou o seu interese pola lingua e a cultura galega, e o seu traballo foi recoñecido xa en 1995 cun premio Pedrón de Honra. Agora, o escritor madeirense José Viale Moutinho incorpórase á Real Academia Galega coma Membro de Honra, sumándose a John Rutherford e a Giuseppe Tavani entre os estudosos que teñen esta condición. A decisión tomouna o pasado 20 de decembro o plenario da RAG por unanimidade, e foi recollida o pasado dÃa 5 por diferentes medios portugueses. Non hai aÃnda data para toma de posesión do homenaxeado. Precisamente Viale Moutinho publicará en breve a obra Negra sombra! negra sombra! no noso paÃs, segundo adianta Xosé LuÃs Méndez FerrÃn na súa columna do Faro de Vigo.