A recuperación de cantares de reis enche as rúas de música

Certames e actuacións celébranse por todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A tradición dos cantares de reis está a demostrar unha vizosa recuperación no noso país. Sexa coa denominación de ranchos, cantares ou mesmo na forma de danzas, múltiples localidades están a levar estes días estas composicións populares ás rúas. Deste xeito, Mondariz acolle o vindeiro día 11 o III Encontro de Ranchos de Reis. Mañá mesmo localidades coma Riofrío ou Salceda de Caselas celebrarán os seus propios, mentres o día sete en Ponteareas haberá unha danza de reis. Pola súa banda, Boimorto fallaba onte o V Certame de Cantares de Reis, unha cita fundamental para os interesados por este tipo de pezas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reis, Danza, Boimorto, Mondariz...

Claves

Conceptos