O grupo de folk Vigués presenta o seu primeiro disco co espectáculo "Beltane"

Rumbo a Ávalon desde Vigo

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

As seis viguesas que conforman Ávalon comezan hoxe a súa xira "Beltane" no Centro Cultural Caixanova de Vigo. con este espectáculo presentan en directo o seu primeiro disco "Lúa Meiga".

Tres anos de existencia


A pesar de que o seu primeiro disco saíu á rúa o pasado verán, o grupo conta xa con tres anos de vida, durante os que perfeccionaron o seu repertorio e o seu estilo, un estilo que combina música tradicional, medieval, pop e clásica. Lúa Meiga contou coa colaboración de importantes músicos deste xénero para a gravación




Compoñentes

Todas as compoñentes do grupo compaxinan a súa carreira musical cos seus estudios académicos e musicais. O grupo conta con dous violíns, percusión, arpa, guitarra e flauta. O grupo naceu cando cinco das mozas tiveron que poñerlle música a unha adaptación da obra Os vellos non deben namorarse que se fixo no seu instituto. As súas idades oscilen entre os 18 e os 22 anos.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Folk, Centro Cultural Caixanova de Vigo, Pop...