Rodar nas rúas da Coruña será de balde a partir de 2009

O concello pretende promover a rodaxe de producións audiovisuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A rodaxe de películas de ficción, documentais, curtametraxes e todos aqueles traballos audiovisuais menos os de carácter publicitario que se fagan na Coruña será gratis. Alomenos no 2009. Así o aprobou o pleno do concello herculino, a proposta do departamento de cultura, para promover a rodaxe na cidade. Unha decisión destacada, se temos en conta que en cidades como Santiago, un día de rodaxe custa 377 euros (cunha bonificación do 50% se serve como promoción da cidade). En todo caso, os interesados deberán solicitar a respectiva licenza municipal.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Documentais

Claves

Conceptos
Lugares