De Jiři Kovanda a Paco Cao

O CGAC pecha o ano cunha retrospectiva do artista checo Jiři Kovanda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
De Jiři Kovanda a Paco Cao

Un traballo directo, sobrio, nada pretencioso, lonxe da artificiosidade que rodea en moitas ocasións á arte contemporánea. Son as caractíricas que definen a obra de Jiři Kovanda, o artista co que o CGAC despide o ano. Pink Carpet é a mostra que serve de repaso á súa traxectoria deste artista que se iniciou nas performances nos anos 70. Canda esta exposición, pódense ver catro traballos feitos no marco do Proxecto Edición. Son os de Javier Peñafiel, o Plan Rosebud de María Ruido; O veleno do baile de Paco Cao e OBEY_Humillados&ofendidos de Joan Morey. Son Os contextos que veñen, exposición que achega diferentes interpretacións sobre a función e o status dos arquivos na sociedade contemporánea e outros temas como a credibilidade das imaxes, a memoria ou as estratexias da edición para construír versións convincentes da realidade.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Ruido, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)